A oferta formativa para o curso 2019/20 inclúe clases de teatro e de danza clásica e contemporánea dende os 3 anos en adiante, cunha programación transversal na que se abordarán coñecementos específicos das artes escénicas como voz, esgrima, videocreación e performance, lingüística... a traballar co equipo pedagóxico de Palimoco Teatro.

Esta formación poderase complementar con talleres, masterclasses e cursos intensivos de diferentes disciplinas das artes escénicasorganizados na Escola e con descontos para as alumnas e alumnos, así como os cursos formativos de Verán (Teateatre) e o Campamento de ArtesEscénicas e Visuais.

Dende a Escola ofrécese tamén a posibilidade de clases particulares para preparación de probas para a ESAD/RESAD, oralidade para oposicións, etc.

Ademáis, para aquelas persoas interesadas na creación dunha montaxe teatral e a súa posta en escena, teñen a posibilidade de unírense aos grupos existentes segundo a súa idade e nivel: Palimoco loco loco (7-12 anos), Malala (9-14 anos), Palimoquiños (13-18 anos) e o Grupo de Investigación (adultos).






OFERTA FORMATIVA 2019/2020
Grupos de Teatro
Palimoco loco loco (7–12 anos)
Malala (9–14 anos)
Palimoquiños (13–18 anos)
Grupo de investigación teatral (>18 anos)

Clases de Teatro
Teatro de 3 a 4 anos
Teatro Danza de 5 a 7 anos
Taller de Arte Dramática I (>17 anos)
Taller de Arte Dramática II (>17 anos)

Clases de Danza
Danza de 6 a 8 anos
Danza de 9 a 12 anos
INSCRICIÓN
— Contacta con nós por mail (escolapalimoco@gmail.com) ou teléfono/whatsapp (649948266) e enviarémosche a ficha de inscrición.
— Cómpre cubrir unha ficha por  alumna/o.
— Envía a Ficha cuberta xunto co DNI escaneado e xustificante de pago a escolapalimoco@gmail.com ou en man en Escola Palimoco Teatro Rúa Doutor Balanzá 10 (Lugo).


MÁIS INFORMACIÓN
— escolapalimoco@gmail.com
— 649 948 266