ABERTO PERÍODO
DE INSCRICIÓN PARA
O NOVO CURSO!
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN:
︎ escolapalimoco@gmail.com
︎︎ 649948266

ACTIVIDADES DO
CURSO 2019/2020
CARTOGRAFÍA EN MOVEMENTO
(Setembro 2019)
DON JUANIN
(Novembro 2019)
Por segundo ano, Malalas Teatro puxo en escena Don Juanín, acompañadas do grupo de Danza, de Yuri Sidar e co maestro de esgrima Pepin Bermúdez.
Despois quentamos o corpo cunha chocolatada!


DON JUAN
(Novembro 2019)Unha vez máis, Don Juan toma o cemiterio a pesar da choiva, da man de Os Palimoquiños, o Grupo de Investigación e o grupo de danza da Escola, xunto a Yuri Sidar e o mestre de esgrima Pepin Bermúdez.

BORRALLIÑA
(Decembro 2019)
Un ano máis, Os Palimoquiños formaron parte do Circuito Buxiganga 2019 coa obra Borralliña. Ademais, este ano recibiron a chegada do Papá Noel no Cádavo, onde tiveron un encontro con Xoan Laxe.

EN REDE
(Decembro 2019)Sempre que podemos, colaboramos coas asociacións de Lugo. Este ano Malala, Os Palimoquiños, o grupo de Danza e a Compañía de Teatro Down Lugo participamos cunha performance sobre a violencia de xénero no Vello Cárcere.

QUEN OCUPA ESTA CADEIRA?
Este curso levamos á rúa as nosas cadeiras en tres ocasións: no cemiterio San Froilán en setembro, na praza maior en xaneiro adicado a Lorca e, tamén na praza maior, en marzo conmemorando o Día da Muller, cada vez con máis participantes!

ENTROIDO 2020
Fixemos dúas intervencións na rúa para animar a cidade: Ti te me deixas querer (levada a cabo por toda a Escola xunto coa Compañía de Teatro Down Lugo) e Unha man ferida (Os Palimoquiños, Malala Teatro, o Grupo de Danza e o Grupo de Investigación).

A ESCOLA EN CUARENTENA
Durante o peche obrigatorio seguimos estando conectadas e conectados na Escola.Unha mostra delo son os vídeos que fumos preparando dende as nosas casas coas nosas cadeiras e para conmemorar o día o libro e o día da danza.
ESCOLA DE VERÁN
Obradoiros intensivos con profesionais das artes escénicas
Do 6 ao 10 de xullo
De 9:15 a 19:00 horas
Idade: de 7 a 13 anos
20 prazas
Inscrición
Ata o venres 3 de xullo ás 22:00 horas
a través do correo electrónico da Escola
ou chamando o 649948266


