20 ANOS DE EXPERIENCIA NAS ARTES ESCÉNICAS E NO MUNDO EDUCATIVO E SOCIAL



A Escola Palimoco Teatro Danza é un espazo de formación, creación, experimentación, produción e distribución escénica.

Complementando á nosa formación en teatro, danza, entrenamento actoral e teoría teatral, ao final de curso ofertamos o Campamento de Artes Escénicas de Verán e Cursos Intensivos con profesionais do sector. Por outra banda, ao longo de todo o ano hai diversos Encontros Palimoqueiros con visitas á escola de actores e actrices, directores/as, bailaríns/as, dramaturgas/os, iluminadores/as... para ter a oportunidade de coñecer de preto a súa experiencia, así como monográficos intensivos de teatro e de danza. A final de curso, mostramos os espectáculos teatrais montadas polos diferentes grupos da escola baixo a dirección de Paloma Lugilde.

Ademáis, ao longo do ano plantexamos varios proxectos nos que os diferentes grupos da escola participan e actúan xuntos, coma a representación do Don Juan Tenorio no Cemiterio San Froilán de Lugo no mes de novembro (facendo una labor de recuperación tanto do espazo coma da tradición), o espectáculo Letra Viva que combina teatro, danza e música en directo ao redor da vida e a obra da persoa homenaxeada cada ano polas Letras Galegas e Quen ocupa esta cadeira? unha intervención polas rúas de Lugo que se fai unha vez ao mes achegando monólogos e contos á xente, favorecento a comunicación e a expresividade.


OFERTA FORMATIVA


Clases de teatro. Entrenamento actoral de corpo e voz, construcción de personaxes, dramaturxia, historia do teatro, danza para actores e actrices... Clases dende os 3 anos en adiante. Posibilidade de formar parte  do elenco dun dos grupos da Escola segundo idade e nivel, participando na montaxe e mostra dun espectáculo teatral.

Clases de danza. Danza clásica, danza contemporánea , teatro-danza... Clases dende os 5 anos en adiante e diferentes niveis (iniciación, avanzado).

Titorías. Preparación de probas de acceso para ESAD/RESAD, preparación de oposicións, vocalización e expresión oral…

Masterclasses.  Monográficos ao  longo do curso con profesionais do sector: prosodia e lingüística, entrenamento, perfomance, artes visuais...



Máis información e contacto:
649 948 266
escolapalimoco@gmail.com

︎  ︎ ︎