ELENCO
María Roja
Sergio Zearreta
Sabela Eiriz

DIRECCIÓN E DRAMATURXIA
Paloma Lugilde

TRADUCIÓN POEMARIO
Xoán C. Laxe

TRADUCIÓN DRAMATURXIA E
ASESORAMENTO LINGÜÍSTICO

Rosa Moledo

LUZ E SON
Alfredo Sarille e David Regueiro

POEMAS MUSICADOS
Sergio Zearreta

DESEÑO DE ESPAZOS
Paloma Lugilde

FOTOGRAFÍA
Mario García Herradón, Marcos Loopez, Adra Pallón

VÍDEO
Luis Antonio Barajas, Escola de Imaxe e Son de Lugo

DESEÑO GRÁFICO E REDES
Sabela Eiriz

ASISTENTE DE PRODUCIÓN
Oscar Lago

REALIZACIÓN VESTIARIO
Maite Abuín, CDG

Agradecementos a Raquel Velasco, Maribel Lugilde, Ramón Ferreira, Diego Blanco,
Pablo Sanmamed, Felipe Arias, ás familias e integrantes da Escola Palimoco Teatro Danza,
e a Fefa Noia e Fran Nuñez e aos traballadores e traballadoras do CDG.



ESTREA
29 DE XANEIRO · 20:30H · LUGO, AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE (ENTRADAS ESGOTADAS)
30 DE XANEIRO · 20:30H · LUGO, AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE (ENTRADAS EN entradaslugo.es E NA OFICINA DE TURISMO)
16–22 DE MARZO · SANTIAGO DE COMPOSTELA, SALÓN TEATRO–CENTRO DRAMÁTICO GALEGO (PROXIMAMENTE MÁIS INFORMACIÓN)



︎   INSTRAGAM
︎ FACEBOOK
︎ YOUTUBE



“Señoras e señores

Sempre que falo diante de moita xente, paréceme que me enganei de porta. Unhas mans amigas empurráronme e atópome aquí. A metade da xente vai perdida entre panos, árbores pintadas e fontes de folla de lata e, cando pensan que atoparon seu cuarto ou círculo de temperado sol, atópanse cun caimán que os traga  ou…. co público, coma min neste momento…son vostedes demasiada xente e eu…. Hoxe non teño máis espectáculo ca unha poesía amarga , difícil pero viva, que penso que vai poder abrir os ollos a forza dos lategazos que eu lle dea.

Dixen “Un Poeta en Nova York” e debín dicir “Nova York nun poeta”. Un poeta que son eu. Lisa e simplemente; que non teño enxeño nin talento pero que logro escapar por un bisel turbio deste espello do día, ás veces antes ca moitos nenos. Un poeta que vén a esta sala e que se quere facer a ilusión de que está no seu cuarto e que vós, vostedes son os meus amigos, que non hai poesía escrita sen ollos escravos do verso escuro nin poesía falada sen orellas dóciles, orellas amigas onde a palabra que mana leve por elas sangue aos beizos ou ceo á testa do que oe.

... e non vos quero dar mel, porque non o teño, senón area ou cicuta ou auga salgada. Loita corpo a corpo na cal non me importa ser vencido.

Hora é xa de ir enfrontando o duende coa musa. Porque a musa está lonxe durmida e de cando en cando esperta e sopra pero o duende chega, cércanos e loita con nós.

De todos os modos eu como home e como poeta teño unha gran capa pluvial, a capa do “ti tes a culpa” que colgo sobre os ombreiros de todo o que me vén pedir explicacións, a min, a min que non podo explicar nada senón balbucir o lume que me queima”

(Fragmentos da conferencia “Un poeta en Nova York”)