O proxecto nace en 2011, promovido pola Área de Cultura da Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, coa dirección e dramaturxia de Paloma Lugilde e a documentación aportada por Antonio Reigosa, reunindo unha serie de contos rescatados da nosa tradición oral.
Toma forma nun libro ilustrado acompañado dun CD de audio que pon voz e música á historia dunha familia reunida que nos fará recordar a importancia da narración oral a través de oito contos protagonizados por animais, algunha que outra persoa e elementos como o vento, a auga ou o lume.
A posta en escena do espectáculo conta con cinco intérpretes que, a través da lectura dramatizada apoiada polas músicas orixinais compostas para o proxecto, lévannos a un universo de contos e tradición.

Dirección e dramaturxia
Paloma Lugilde
Documentación e anotacións aos contos
Antonio Reigosa
Músicas
Carlos Díaz
Debuxos do proxecto inicial e do libro
Mar Eiriz e Sabela Eiriz
Debuxos actuais en xira
Noelia Pascual
Reparto actual
Simón García
Hector Martínez
Paloma Lugilde
Teresa Fraga
Paula Seoane